aprendendo a camiñar

Contundentes tesoiras baixo man inqueda docemente guiadas. Corte decidido e delicado a un tempo, arriscado, ousado, trazando con suavidade o perfil requirido. Esas ás espesas de levidade, preparadas finalmente para repousar por tempo indefinido no máis fondo do baúl. Desexos desmesurados de camiñar o máis preto posíbel do temeroso chan, anudada á terra, carecendo por completo da máis mínima posibilidade de levitar. Ser capaz de conformar unha percepción adherida ao terreo. Non sentir endexamais a necesidade inmensa de recompoñer as ás, permitirse olvidalas, pensar tal vez en emprestalas, ten sido longa a viaxe. Decidida a sentir con plenitude cada unha das pedras do camiño, a esquecer o voo dos paxaros, mergullándose dunha vez no ata o de agora impenetrable... a sombría realidade.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Tienes que seguir volando duende....No te poses nunca